O escritor Carlos Padilla presenta en Monforte o seu novo libro
Este sábado 1 de xuño ás 19.00 horas , o escritor Carlos Padilla presentará o seu último libro La vanidad e los buitres na casa da cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos. O autor estará acompañado polo periodista Fidel Fernán.
Carlos Daniel Padilla naceu en Helsinqui (Finlandia) en 1992 e ao longo da súa vida viviu en diferentes países de Europa. Médico de profesión, ten gran curiosidade por múltiples temas, particularmente pola historia, a arqueoloxía e a arte. No seu tempo libre, dedícase a pintar, ler e escribir. Con ascendencia monfortina, parte do seu último libro está ambientado en Monforte.
Trátase dunha historia de aventuras na Galicia de principios do século XX. Corren os primeiros anos do século XX nunha España que, despois de sobrevivir ao desastre de Cuba, espera placidamente, allea ao mundo e ás convulsións vindeiras. O médico madrileño Alonso Quirós disponse a realizar a súa afeita visita estival ao seu amigo da infancia, alá pola Galicia do interior. Circunstancias insospeitadas levarano a verse envolto, con todo, nunha enrevesada e perigosa trama de tráfico de antigüidades. Para atopar máis pistas terá que viaxar de Lugo, fogar do seu amigo, a Monforte de Lemos. Alí atoparase inesperadamente con Lucía, a súa afillada e filla do seu amigo, unha moza que se bate por determinar o seu propio destino. O rastro das antigüidades levará ao médico ás profundidades dos canóns do Sil, a unha pequena e incógnita aldea que vive baixo a influencia dun enigmático marqués.