O Escairón enfrontarase na final da Copa Deputación contra o equipo de Chantada

RibeiraSacraXa
Esta fin de semana celebráronse diferentes afrontamentos deportivos arredor da provincia de Lugo
Sd-Chantada
10 Jun 2024

O Atlético Escairón clasificouse para a final da Copa Deputación de Preferente e Primeira despois de impoñerse ao Foz nos penaltis na mañá do domingo.

O partido quedou 0-0 e na quenda de penaltis o Atlético meteu os cinco, mentres que o Foz fallou un e quedou fóra da eliminatoria.

Así, o Escairón enfrontarase na final contra o Chantada, o rival a quen lle arrebatou o ascenso a Preferente, que eliminaron no Sangoñedo ao Chantada Atlético cun marcador de 3-1.

Desta maneira, e despois da fase de ascenso, os dous equipos volverán loitar pola Copa tras eliminar ao Foz e ao Atlético.

⚙ Configurar cookies
0.4646201133728