O equipo de goberno de Quiroga aposta por consolidar o Centro de Día

RibeiraSacraXa
O Centro de Día da Ribeira organizou unha xornada de portas abertas para dar a coñecer de preto este centro, tanto o seu funcionamento como as instalacións e o persoal que o atende.
Centro de día Quiroga
5 Ago 2023

O Centro de Día da Ribeira organizou unha xornada de portas abertas para dar a coñecer de preto este centro, tanto o seu funcionamento como as instalacións e o persoal que o atende. O número de usuarios varía continuamente, nestes momentos son 20 as persoas ás que acolle.

O novo equipo de Goberno, e máis concretamente o Concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández Montes, aposta por consolidar este centro por considerar que “é unha moi boa solución de conciliación para as familias”, á vez que está convencido de que “Quiroga pode presumir de ter un centro coma este”. Por iso “hai que seguir apostando por este servizo, traballar por el, melloralo e que haxa un alto grao de satisfacción de usuarios e familias”.

Os usuarios deste centro reciben servizos de enfermería, atención social, terapia ocupacional e atención psicosocial, con actividades de dinamización social e cultural; ademais de servizo de fisioterapia, con actividades de prevención da inmobilidade. Si así o solicitan tamén poden beneficiarse de servizos externos e complementarios a demanda, como o servizo de transporte de recollida a domicilio ou o servizo de manutención e dietas.

Coincidindo coa xornada de portar abertas, no mesmo centro realizouse unha exposición cos traballos de pintura en lenzo que realizaron os usuarios e usuarias. A pintura é unha das actividades que máis lles gusta e con esta mostra trátase de dar visibilidade aos seus traballos acadando a satisfacción persoal dos usuarios.

0.084481000900269