O equipo de axentes ambientais do Distrito VIII-Terra de Lemos retoma a atención ao público na Pobra do Brollón

O equipo de axentes ambientais adscritos ao Concello da Pobra do Brollón do Distrito VIII-Terra de Lemos retoma a atención ao público no salón de actos da Casa do Concello.
O equipo, dependente da Consellería de Medio Rural, ofrece atención sobre todo tipo de temas relacionados coa xestión forestal e os montes. O servizo prestarase os mércores en horario de 11:00 a 13:00 horas, así como por teléfono, chamando ao 609 284 915, o 609 968 769 ou ao 982 889 122.
Dende o Concello informan que calquera veciño ou veciña da Pobra do Brollón pode usar o servizo sen necesidade de solicitar cita previa.
O servizo inclúe a xestión de permisos de corta para uso doméstico, asesoramento e información sobre distancias en plantacións e a xestión de biomasa forestal para a prevención de incendios forestais, e información xeral sobre o eido forestal e a tramitación administrativa.