O Entroido Ribeirao presenta o cartel oficial da edición de 2026

RibeiraSacraXa
Trátase dunha fotografía orixinal de Alberto Paz, unha figura moi comprometida coa divulgación deste Entroido tradicional
entroido-ribeirao-2026
15 Jan 2026

O Entroido Ribeirao regresará un ano máis a Santiago de Arriba, en Chantada, os días 1, 8, 15 e 17 de febreiro de 2026.

A organización vén de facer público o cartel desde ano, que amosa unha fotografía orixinal de Alberto Paz, unha figura moi comprometida coa divulgación deste Entroido tradicional.

Coma sempre, a festa está organizada pola Asociación de Amigos do Entroido Ribeirao e conta co patrocinio do Concello de Chantada.

Nos vindeiros días, a asociación fará pública tamén o cartaz da xuntanza de Entroidos e avanzarase o programa completo de actividades para esta vindeira edición dun dos entroidos con máis tradición da Ribeira Sacra.

⚙ Configurar cookies
0.077346086502075