O Entroido Ribeirao acollerá catro días de festa en Chantada

RibeiraSacraXa
Volve o Entroido Ribeirao a Santiago de Arriba, en Chantada, onde se celebrará a edición deste 2024 en catro datas sinaladas: o 28 de xaneiro, co Domingo Lambedoiro; o 4 de febreiro, co Domingo Corredoiro; o 11 de febreiro, co Domingo de Entroido; e o 13 de febreiro, co Martes de Entroido.
14 Jan 2024

O Entroido comezará todos eses días a partir das 16.00 horas e este ano, coma en anos anteriores,o día 28 de xaneiro, o Domingo Corredoiro, volverán facer a Xuntanza de Entroidos.

Desde a organización deste evento animan a todas as persoas interesadas en participar desta iniciativa "con moitas ganas de troula e desfrutar do Entroido, porque vos aseguramos que nós así o estamos e queremos desfrutalo con todos vós".

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18236684799194