O Entroido de Salcedo de 2026 presenta o seu programa de actividades

RibeiraSacraXa
O Oso sairá o 16 de febreiro acompañado de charangas e grupos musicais
Oso-de-Salcedo
31 Jan 2026

A aldea de Salcedo, en A Pobra do Brollón, celebrará o seu tradicional Entroido do 14 ao 17 de febreiro de 2026 cun programa que inclúe teatro, concertos e diversas actividades populares, entre as que destacará a saída do Oso.

As celebracións comezarán o día 14 de febreiro cunha función de teatro seguida dun concerto con Malenne e Alma DJ. O 15 de febreiro haberá actuacións do grupo Brabán Gaiteiros, un pregón a cargo de Rafa Quintía, e a saída das Madamas e Danzantes acompañadas de disfraces de campo. Pola noite repetirase a función de teatro e actuará o Dúo Triada xunto co Grupo Lume e Alma DJ.

O 16 de febreiro realizaranse as saídas do Oso Pequeno e o Oso, acompañadas por charangas e grupos musicais, e celebrarase unha cea popular con food truck, que dará paso á actuación da Orquestra Suavecito.

Finalmente, o 17 de febreiro haberá outra cea popular coa Orquestra Los Players, ademais da entrega do sorteo Aceites Abril.

PORGRAMA COMPLETO DO ENTROIDO DE SALCEDO 2026

⚙ Configurar cookies
0.074019908905029