O Entroido de Chantada celebrarase o sábado 18 de febreiro
Chantada celebra o Entroido o vindeiro 18 de febreiro a partir das 17.00 horas cun desfile de comparsas que sairá desde a Avenida de Lugo, que continuará pola praza Santa Ana (Plazuela), a Avenida de Ourense, a praza dos Catro Camiños, a rúa Doutor Mariano Cedrón e a avenida de Monforte ata rematar na praza de Galicia.
Esta festa contará coa Charanga Unión Phenosa e a actuación da Orquesta La Travesía na praza de Galicia ao remate do desfile, onde tamén haberá unha chocolatada popular.
Os grupos que estean interesados en participar deberán presentar no rexitro do Concello de Chantada ata o 15 de febreiro a solicitude asinada polo participante ou representante legal e a fotocopia do DNI do solicitante (ou CIF).
O mércores, 15 de febreiro, celebrarase unha reunión de obrigada asistencia na Casa da Cultura ás 20.00 horas cun representante de cada comparsa.
Premios do concurso de desfiles
Haberá tres premios para cada sector das comparsas. Así, poderán presentarse comparsas absolutas ou adultas e as infantís. Dentro destas, haberá dous grupos que se poderán presentar: os formados por máis de 20 persoas e os formados por entre 10 e 20 persoas.
Así, dos participantes, serán 12 os grupos premiados (3 premios por grupo e por sector).