O Entroido de Budián celebrarase en Pantón o vindeiro 11 de febreiro

RibeiraSacraXa
A Asociación de Veciños San Brais de San Romao de Acedre e a Asociación Cultural Segredos de Pantón organizan o tradicional percorrido do "Entroido de Budián" pola parroquia de Acedre.
16 Xan 2024

A Asociación de Veciños San Brais de San Romao de Acedre e a Asociación Cultural Segredos de Pantón organizan o tradicional percorrido do "Entroido de Budián" pola parroquia de Acedre.

Así, o vindeiro domingo 11 de febreiro sairán ás 10.30 dende o Campo en Budián, percorrendo todas as aldeas de Acedre e incluso algúns lugares estremeiros pertencentes á freguesía de Santiago de Cangas.

Desta maneira, todas as persoas que se animen a participar desta iniciativa, poderán facelo uníndose coa súa caracterización á tradición do entroido, no que ademais estarán os Farranquís e os Brancos.

0.076992988586426