O Enduro de Pantón deixou como gañadores a Jorge Paradelo, Abel Carballés e Antonio Alfonso
RibeiraSacraXa
O Enduro de Pantón que tivo lugar esta fin de semana deixou como campións absolutos a Jorge Paradelo, Abel Carballés e Antonio Alfonso das 156 persoas que participaron desta edición.
12 Mar 2024
O Enduro de Pantón que tivo lugar esta fin de semana deixou como campións absolutos a Jorge Paradelo, Abel Carballés e Antonio Alfonso das 156 persoas que participaron desta edición.
Pola súa parte, no mini enduro que tivo lugar o sábado, Joaquín Castro e Samuel Gonzalez foron os gañadores, que se enfrontaron a condicións extremas de neve, "nun sitio perfecto para este deporte", sosteñen desde a organización.
En definitiva, sosteñen que "foi un éxito total", tanto por parte da organización e os pilotos, que "desfrutaron dunha proba que puxo a todos nun grao de esixencia grande e que superaron con nota", defenden.