O Encontro de Corais de A Pobra do Brollón cumpre 10 anos

A Pobra do Brollón celebrará o vindeiro 25 de abril ás 19:30 horas na Casa da Cultura “Olga Novo” a décima edición do seu Encontro de Corais, unha cita musical que reunirá tres formacións corais nunha mesma xornada.
Nesta edición participarán a Coral Polifónica Escola de Música Samoeiro, a Coral Polifónica de Guntín-Taboada e a Coral Francisco Añón da Serra de Outes.