O Dumper súmase ao parque móbil do Saviñao
RibeiraSacraXa
O Concello do Saviñao conta cun novo vehículo para a realización de traballos na zona. Este facilitará a limpeza e mantemento dos camiños.
5 Nov 2021
O Concello do Saviñao vén de adquirir un novo vehículo para as áreas de obras e xardiñeiría. O alcalde, Juan Carlos Armesto, recepcionou o Dumper para equipación de servicios múltiples, engadindo que se trata dunha incorporación ao parque móbil da entidade local, co fin de prestar un mellor servizo aos cidadáns.
“Facilitaremos así, avanza o rexedor, os traballos de obras que habitualmente se desenvolven no municipio, como poden ser a limpeza ou o mantemento dos camiños e estradas de ámbito local, movemento de terras, etc”.
E é que con esta adquisición, dotarase aos operarios contratados, engade o alcalde, “dunha ferramenta fundamental para desenvolver o seu traballo”.