Monforte acolle a proxección do documental 'O médico dos pobres'

RibeiraSacraXa
A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte acolle este vindeiro venres, 27 de outubro, ás 20.
documental o medico dos pobres
27 Out 2023

A Casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte acolle este vindeiro venres, 27 de outubro, ás 20.00 horas a proxección do documental 'O medico dos pobres', dirixido por Federico Rioboo e impulsada pola asociación A Memoria é Naufraga.

A historia de Manuel Díaz González, coñecido como "O Pequeniño do Incio" ou “O médico dos pobres”, conta a súa vida antes de ser asasinado por falanxistas en 1936.

O documental, duns 50 minutos de duración, ten como obxectivo principal achegar ao público esta historia acontecida durante a guerra civil, cando se cumpren 87 anos da súa morte. Unha historia contada desde os protagonistas, testemuñas directas do acontecido ou con vínculos directos coas vítimas deste episodio.

Desde a Casa da Cultura animan a todas as persoas do municipio a que se acheguen a recuperar a historia da comarca e poñela en valor, así como os valores da veciñanza, como a solidariedade.

O médico dos Profes Monforte
0.16583895683289