O director da Banda de Música de Sober participará nunha xira coa Filarmónica da Scala de Milán
O músico Miguel Franqueiro, tuba e director da Banda de Música de Sober, participará nas vindeiras semanas coa Filarmónica da Scala de Milán nunha xira que o levará a algúns dos mellores teatros de Europa.
O, ademais, mestre na escola de música do municipio, fixo temporada no Teatro Alla Scala de Milán desde o mes de decembro, e agora vai percorrer diferentes auditorios e teatros de Europa coa Filarmónica da Scala de Milán. En concreto; o teatro de Brucknerhaus, en Linz; Bartók Béla National Concert Hall, en Budapest; e Konzerthaus, (onde se celebra o concerto de aninovo) en Viena.
A maiores da tuba, o seu instrumento principal, Miguel Franqueiro estreouse na orquestra co cimbasso, un instrumento de metal baixo que se desenvolveu a partir da serpe erguida ao longo do século XIX nas orquestras de ópera italianas, para cubrir o mesmo rango que unha tuba ou un trombón contrabaixo.