O Día da Bici, organizado polo Clube Ciclista Chantadino, terá lugar este sábado
O Clube Ciclista Chantadino organiza o vindeiro 20 de abril o Día da Bici, unha marcha ciclista controlada polas rúas da vila de cinco quilómetros.
Esta actividade comezará no mercado gandeiro ás 17.30 horas, aínda que as persoas interesadas en participar poderán inscribirse entre as 16.30 horas e as 17.30 horas do mesmo día.
Ademais da bici, haberá unha ginkana para os nenos de bicicletas, motoplásticas, monopatíns, etc. E darase unha medalla conmemorativa para todos os nenos participantes da proba.
Os trofeos repartiranse á familia máis numerosa participante, ao participante de menor e maior idade e para o deportista que porte a bicicleta máis antiga ou orixinal.
Ás 19.00 horas terá lugar a exhibición de habilidades e manexo en Pump Track a cargo de especialistas.