O Desfile de Entroido de Monforte bate o récord participación dos últimos anos con 1.296 anotados

Monforte de Lemos celebrará este martes 17 de febreiro o seu día grande do Entroido co tradicional Desfile e concurso de Comparsas e Disfraces. Un total de 1.296 persoas formalizaron a súa inscrición antes do peche do prazo, este venres 13 de febreiro ás 14.00 horas, o que supón a cifra de participación máis alta dos últimos anos.
O alcalde, José Tomé, destacou que se trata dun dato “moi participativo” e sinalou que agora só queda agardar que a situación meteorolóxica acompañe. Na edición de 2025 participaron 1.275 persoas.
Nas distintas categorías de comparsas participarán 21 colectivos de Monforte e 13 de fóra do municipio, con representación das catro provincias galegas. Ademais de agrupacións da comarca e doutros concellos lucenses como Sarria, Sober, Bóveda, A Pobra do Brollón, Paradela ou Chantada, tamén haberá participantes procedentes de Vilamarín (Ourense), Ferrol (A Coruña) e Vigo (Pontevedra), entre outros.
O Concello establece dúas modalidades diferenciadas: unha para comparsas e disfraces de Monforte e outra para participantes de fóra. A contía máxima destinada a premios ascende a 21.000 euros, dos que 17.850 euros corresponden ás categorías locais e 3.150 euros ás de fóra do municipio.
O desfile comezará ás 17.00 horas na praza da Estación e percorrerá as rúas Calvo Sotelo, Roberto Baamonde, Cardeal Rodrigo de Castro e rematará na Praza da Compañía. O xurado cualificará as comparsas na praza da Estación entre as 16.00 e as 17.00 horas. No caso dos disfraces individuais, deberán concentrarse ás 16.30 horas para seren identificados.
Entre os criterios de valoración figuran a montaxe, a elaboración e os materiais empregados, a orixinalidade, o interese etnográfico, o humor, a posta en escena e a utilización de música en vivo.
En canto ás categorías, establécense diferentes premios segundo o número de compoñentes das comparsas, así como galardóns para disfraces individuais —tanto adultos como infantís—, comparsas infantís, carrozas e premios especiais á mellor comparsa tradicional, mellor posta en escena, mellor crítica de actualidade, mellor humor e mellor música en vivo.
Según el BNG, y a la vista de esta sentencia firme, “Jácome no debería permanecer ni un solo segundo más al frente de la alcaldía, porque estos comportamientos, además de ser indignos de quien ostenta la máxima representación municipal, tienen consecuencias económicas para el conjunto de la ciudadanía”.
Además, consideran que este tipo de procedimientos “debería asumirlos él de su propio bolsillo. No es de recibo que tenga que ser la ciudadanía en su conjunto, y a través de las arcas municipales, quien tenga que sufragar sus excesos”.
Y es que para Luís Seara, “esta sentencia, al igual que las anteriores, revela el clima de trabajo instalado en el Concello desde la llegada de Jácome a la alcaldía”. Siete años, advirte, “de acoso, de amenazas, de presión” a través de una “policía política que acosa a las trabajadoras y trabajadores, años en los que se disparó el número de bajas médicas, consecuencia de esta situación y de los continuos desprecios públicos a los que somete a las y los trabajadores municipales, dejándolos en una posición de vulnerabilidad ante la ciudadanía”.