O desfile da Confraría abriu os actos da XLIV Feira do Viño de Quiroga

RibeiraSacraXa
O acto, de carácter solemne, estivo presidido polo Confrade Maior, o alcalde de Quiroga, José Luís Rivera Castro, xunto co presidente da confraría, José Manuel Rodríguez
desfile-cofrades-quiroga
30 Mar 2026

Este sábado celebrouse o tradicional desfile da Confraría do Viño de Quiroga, acto co que se abren oficialmente os preparativos da XLIV Feira do Viño de Quiroga, que este ano se celebra os días 3, 4 e 5 de abril.

Os membros da Confraría do Viño de Quiroga, ataviados co seu traxe de gala, composto por unhacapa de cor burdeos e sombreiro negro, percorreron a travesía principal da vila acompañados polo Grupo de gaitas O Recanto. O percorrido iniciou na Casa Consistorial e rematou no Museo Etnográfico de Quiroga.

O acto, de carácter solemne, estivo presidido polo Confrade Maior, o alcalde de Quiroga, José Luís Rivera Castro, xunto co presidente da confraría, José Manuel Rodríguez. Esta celebración forma parte dos actos previos á feira dende o ano 2012, data de fundación da confraría.

No desfile deste ano destacouse a participación de novos confrades incorporados na última anualidade. Actualmente, a entidade mantén tres vacantes, polo que se abrirá novamente o prazo para cubrir estas prazas. Ao remate do percorrido, os membros da confraría celebraron unha asemblea anual a porta pechada nas instalacións do Museo Etnográfico.

0.13302206993103