O derbi entre o Monterroso e o Taboada dedicarase á saúde mental

RibeiraSacraXa
O SD Monterroso enfróntase este domingo na súa sétima xornada contra o Taboada este domingo.
taboada cf
21 Out 2023

O SD Monterroso enfróntase este domingo na súa sétima xornada contra o Taboada este domingo. O encontro, que comezará ás 17.00 horas, terá lugar no campo de fútbol municipal A Medela, en Taboada.

Pero o derbi non será un encontro calquera, pois estará dedicado á saúde mental en colaboración coa asociación Albores Saúde Mental. Deste xeito, na xornada sortearase un lote de produtos doados pola entidade. Outubro mes da saúde mental.

A promoción da saúde mental a través do deporte non é só unha estratexia preventiva, senón tamén unha vía para enfrontar desafíos e enriquecer a calidade de vida. Deste xeito, o exercicio regular non só fortalece o corpo senón tamén a mente porque se liberan endorfinas que reducen o estrés e a ansiedade mellorando o estado de ánimo.

O deporte pode servir como unha vía de escape saudable para asumir desafíos emocionais e sociais, fomenta a autoestima, a resiliencia e a interacción social, aspectos que protexen o noso benestar psicolóxico. O dereito á saúde mental poténciase a través do deporte, demostrando que coidar tanto do corpo como da mente é esencial para unha vida plena.

taboada cf sd monterroso xornada 7 saúde mental
0.10069990158081