O deporte base de Trives colle forza con 25 medallas en tres competición

RibeiraSacraXa
Os mozos e mozas do municipio acadaron 11 ouros, 9 pratas e 5 bronces entre o Campionato Galego por Equipos, a Copa Deputación e o Campionato Provincial
deporte-base-trives
22 Jun 2025

O atletismo base do Concello da Pobra de Trives vive un gran momento tras conseguir 25 medallas en tan só tres competicións oficiais.

Os mozos e mozas do municipio acadaron 11 ouros, 9 pratas e 5 bronces, deixando ver o seu talento en probas como o Campionato Galego por Equipos, a Copa Deputación e o Campionato Provincial. En tota, 25 medallas logradas en tan só 3 competicións.

As competicións leváronos desde Vigo ata Monterrei, e nomes como Antón, Deva, Diana, Aitor, Martín, Ana, Gerard ou Eduard comezan a soar entre os máis destacados do atletismo galego.
Estes resultados chegan grazas ao traballo constante do adestrador Tino Sierra, ‘Tinocho’, e ao apoio do Concello de Trives, que financia ao 100% tanto a actividade como a participación nas competicións, o que permite que sexa totalmente gratuíta para a rapazada.

⚙ Configurar cookies
0.14447402954102