O Cuartel Vello de Taboada acolle esta semana dúas charlas sobre seguridade e competencias telemáticas

RibeiraSacraXa
Terán lugar o xoves, 20 de febreiro, en horario de mañá e de tarde
Casa-Cultura-Taboada
Casa da Cultura de Taboada
18 Feb 2025

O Cuartel Vello de Taboada acollerá este xoves, 20 de febreiro, dúas charlas dirixidas á veciñanza nas que se abordarán temas como as competencias dixitais para acceder a trámites administrativos e seguridade ante roubos e estafas.

Concretamente, ás 10.30 horas terá lugar no Salón de Actos do Cuartel Vello unha charla titulada ‘A administración cerca de ti’, onde os asistentes poderán obter o certificado dixital e a cl@ve permanente para relacionarse telemáticamente coas administracións, ademais doutras consultas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o INSS ou o SEPE.

Xa pola tarde, ás 17.30 horas, a Garda Civil impartirá a charla ‘Plan Maior de Seguridade’, onde dará información para evitar roubos e enganos, ademais de dar consellos para conseguir espazos máis seguros.

0.16868996620178