Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
A covid mantén o seu crecemento constante malia que se reducen os casos novos e algo a hospitalización pero os gromos seguen aparecendo.
Hoxe hai 645 casos activos, 26 máis que onte, cun rexistro de 48 novos positivos e 22 altas. Onte houbo 32 máis, con 65 novos contaxios e 33 altas.
Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 20.917 casos rexistrados e 256 persoas falecidas, unha delas nesta sexta vaga.
A presión hospitalaria redúcese lixeiramente. Hai catro ingresados na UCI de Lugo e 7 pacientes en planta (1 menos), 3 no Hula (1 menos), 2 na Mariña e 2 en Monforte.
O sistema de alerta está establecido en 4 niveis pero todos os concellos de Galicia seguen no nivel baixo e sen restricións.
POR COMARCAS
A covid mantén a situación de xornadas anteriores cun crecemento máis acentuado nos concellos da Ribeira Sacra.
A Mariña
- Viveiro reduce a 13 casos (1 menos).
- Ribadeo sobe ata 26 enfermos (2 máis).
- Por debaixo de 10: A Pontenova, Burela, Trabada, Lourenzá, Foz, Mondoñedo, Cervo e Alfoz.
- Unha semana sen casos: O Vicedo, Xove, O Valadouro e Barreiros.
- Máis de quince días limpos: Ourol e Riotorto.
Terra Chá
- Vilalba sobe a 37 contaxiados (3 máis).
- Outeiro de Rei reduce ata 16 enfermos (1 menos).
- As Pontes chega aos 11 casos.
- Abadín volve ter casos.
- Por debaixo de 10 contaxios: Friol, Castro de Rei e Xermade. Únese A Pastoriza.
- Entre 1 semana e 15 días sen casos: Pol.
- Máis de quince días limpos: Cospeito, Muras, Rábade, Guitiriz e Begonte. Únese Meira.
Comarca de Sarria
- Sarria reduce 1 ata 19 casos.
- Por debaixo de 10 contaxios: O Incio, Láncara e Paradela.
- Máis de quince días limpos: Samos, Triacastela e O Páramo.
Centro da provincia
- O crecemento en Lugo volve frear con 228 contaxios (1 menos).
- Por debaixo dos 10 casos: O Corgo, Portomarín, Guntín, Navia de Suarna, Ribeira de Piquín, Monterroso, Palas, As Nogais, Antas e Becerreá.
- Ente 1 semana e 15 días sen casos: Pedrafita, Cervantes e Baralla. Únese Castroverde.
- Máis de quince días limpo: A Fonsagrada, Baleira e Negueira de Muñiz.
Ribeira Sacra
- Carballedo: 11 positivos.
- Chantada: 41 contaxios (3 máis).
- Folgoso do Courel: 13.
- Monforte: 34 casos (4 máis).
- O Saviñao: 26 enfermos (3 máis).
- Taboada: 17 contaxios (2 máis).
- Por debaixo de 10 contaxios: A Pobra de Brollón, Bóveda, Sober, Pantón, Ribas de Sil e Quiroga.
RESTRICIÓNS
Entran en marcha novas restricións para atallar o novo crecemento do virus.
- Amplíase a esixencia do certificado covid na hostalaría. Os restaurantes pedirano durante todo o día e os bares a partir das 21.00 horas. No ocio nocturno segue a ser obrigado independente do nivel de seguridade.
- As mesas en interiores quedan reducidas de 10 a 8 comensais e en exteriores de 20 a 15.
- Os venres e sábados os establecementos hostaleiros poden pechar á 1.30 horas. O resto de días o horario de peche está fixado para a 1.00 horas.
- No lecer nocturno. Os pubs poderán abrir os venres e sábados ata as 4.30 horas. O resto de días ata as 4.00 horas. As discotecas e salas de concertos poderán pechar ás 5.00 horas.
- A máscara seguirá sendo obrigatoria en espazos pechados e cando non se poida manter unha distancia de 1,5 m.