O CourelSon terá lugar o vindeiro 13 de maio en Vilamor do Courel
RibeiraSacraXa
O CourelSon terá lugar o vindeiro 13 de maio en Vilamor do Courel e coincidirá coa Festa da Artesanía de Vilamor
19 Mar 2023
A Asociación de Desenvolvemento Rural Serra do Caurel anuncia a data do CourelSon deste ano.
Será o vindeiro 13 de maio en Vilamor do Courel, unha data anterior ao tradicional “porque a primavera courelá ben merece unha visita e abriremos en Vilamor porque as xentes loitadoras dese pobo teñen que ter ese privilexio”, defenden.
Ademais, explican que aproveitan a Feira de Artesanía que se vai desenvolver na parroquia de Vilamor ese mesmo 13 de maio.
Así, durante o peche desa feira, Mingo Balaguer e Pablo Sanpa serán os encargados de amenizar a xornada, que quedaron en terceira posición no certame de Blues europeo celebrado en Malmö.