O Courel celebra o seu terceiro concurso de tapas de castañas

RibeiraSacraXa
O Courel celebra o seu terceiro concurso de tapas de castañas cun total de seis establecementos participantes
castañas
2 Nov 2022

O concello de Folgoso do Courel acolle durante esta semana e na súa terceira edición, este concurso de tapas no que o ingrediente principal é a castaña.

Por un prezo de tan só 1,50 euros tódolos asistentes poderán desfrutar das innovacións gastronómicas que propoñen un total de seis establecementos da zona e que serán servidas en horario de 12.30 a 15.00 horas e de 19.30 a 22.30.

Os establecementos participantes son: A Casa da Aira de Froxán, A Cova das Mouras de Vilamor, O Bar Fepe de Santa Eufemia e O Bar Pombo, A Casa Ferreiro e o Acampamento Caurel, todos eles de Seoane.

Cada participante deberá cubrir un cartón puntuando as tapas que mellor considere e poderá entrar así no sorteo de varios premios entre os que se atopan: un lote de produtos típicos do concello do Courel, un lote de viño da Bodega E.D.V., unha noite para dúas persoas na Cabaniña Folgoso, unha cea para dúas persoas na Casa Ferreiro ou unha noite para dúas persoas na Carbiña Parada.

O sorteo terá lugar este sábado día 5 na XXXIII edición da Festa da Castaña do Caurel, onde tamén se entregará o premio á mellor tapa do xurado e a á mellor tapa do público. Durante a fin de semana, estes establecementos seguirán ofrecendo as tapas pero xa fóra de concurso.

concurso tapas courel
0.17829179763794