O Courel acolle o día 19 a formación 'Plan de aprendizaxe permanente e mellora das capacidade'

RibeiraSacraXa
O próximo día 19 de setembro dará comezo a formación
Formacion3 Plan aprendizaje permanente 1
11 sep 2023

O próximo día 19 de setembro dará comezo a formación Plan de aprendizaxe permanente e mellora das capacidade, dentro do proxecto O Courel destino e futuro.

Son 30 cursos para elixir o que sexa máis conveniente para o participante, son cursos de duración variable en modalidade en liña. O alumno pode inscribirse nun ou máis, pero respectarase a orde de inscrición para asignar as prazas.

Os cursos iniciaranse o día 19 de setembro e finalizarán o 24 de novembro e poden inscribirse os autónomos, empresarios, emprendedores e traballadores de calquera sector (comercio, hostalería, servizos, talleres, viños, etc) dos concellos de Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Quiroga.

Dispoñen de 40 prazas que se asignarán por orde de inscrición. Tamén se pode facer a inscrición enviando un correo electrónico a gestion@ocoureldestinoyfuturo.es.

0.20130586624146