'O corpo aberto' será proxectada este domingo na Pobra do Brollón
A Casa da Cultura Olga Novo da Pobra do Brollón acolle a proxección da película ‘O corpo aberto’ dentro do Ciclo Mestre Mateo este domingo, 1 de outubro, ás 19.00 horas.
Este filme, de Ángeles Huerta, foi gañadora de 12 premios Mestre Mateo, entre eles, Mellor longametraxe, Mellor guión e Mellor interpretación masculina protagonista.
A película está ambientada no ano 1909, no que Miguel, un mestre novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal, Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos pasionais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda.