O consorcio da Ribeira Sacra mellora a súa web con versións en francés e alemán

O consorcio da Ribeira Sacra vén de ampliar os contidos da súa páxina web con versións en francés e alemán de todas as informacións sobre os recursos turísticos do territorio que ofrecen a través dese portal.
Ata o de agora, a páxina ofrecía versións en galego, castelán, inglés e portugués.