O Consello Municipal de Saúde decide tomar cartas no asunto da falta de persoal no Hospital Comarcal de Monforte

RibeiraSacraXa
O Consello Municipal de Saúde decide tomar cartas no asunto da falta de persoal no Hospital Comarcal de Monforte
manifestacion Hospital Monforte
20 Jul 2023

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presidiu o Consello Municipal de Saúde no Salón de Plenos da Casa Consistorial, preocupado pola problemática que atravesa nestes momentos o Hospital Comarcal de Monforte, no que faltan especialistas.

“Todo da esta situación”, sinalou o Alcalde, “vai en detrimento dos pacientes que teñen que esperar unha larga lista de agarda, en moitos casos, e noutros moitos, teñen que trasladarse ao Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo para ser atendidos, e como dos traballadores que están a sufrir un exceso de traballo continuo”.

Tamén participaron membros do Consello Municipal de Saúde de Monforte, ao que acudiron os voceiros dos partidos políticos municipais, representantes do Colexio de Enfermería, de Farmacéuticos, de Psicoloxía, de Médicos, así como da Xunta de persoal do Hospital Comarcal de Monforte, da Plataforma en defensa da sanidade pública (PLADESAPLU), pedáneos e a asociación de Cobas.

Tras a intervención de todos os participantes, que coincidían nas súas exposicións e comentarios, acordouse por unanimidade facer un recopilatorio de datos referente ás especialidades que están sen cubrir, ou que carecen de especialistas total ou parcialmente, así como a falta de enfermeiras e enfermeiros, e dirixirse tanto ao xerente da Área Sanitaria de Lugo como á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para demandar que se cubran as prazas de forma urxente.

Concentración diante do Hospital

Así, o Consello de Saúde apoiou a concentración que tivo lugar esta mañá diante da porta principal do Hospital por parte dos representantes da Xunta de Persoal do Hospital Comarcal de Monforte para defender o hospital, unha iniciativa á que animan a sumarse desde a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PLADESAPU) da zona sur de Lugo.

“A Pladesapu apoia e apoiará todas aquelas iniciativas que defendan a integridade do noso sistema sanitario e do noso Hospital, e que se postulan en contra do desmantelamento das diferentes especialidades”, explican.

Servizos mermados

Así, desde a Pladesapu lembran que seguen a carecer de rehabilitador, e “temos tamén mermados os servizos de hematoloxía e dixestivo por ausencias que seguen a estar sen cubrirse máis que puntualmente”. O mesmo está a ocorrer coa psiquiatría, que segue cunha soa profesional a efectos prácticos, en lugar de dúas. “Esta situación vímola vivindo dende hai meses, a pesar de que en múltiples ocasións se nos asegurou que se cubrirían nun breve período de tempo”, argumentan.

Ademais, recoñecen que temen “por cal será a seguinte baixa que poida xurdir, dado que se miramos os precedentes da falta de cobertura, hai moitas papeletas a que calquera profesional que se poña de baixa será un profesional menos desenvolvendo a súa actividade no centro.”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18432784080505