O Consello da Xunta aproba a sinatura dun convenio para humanizar o acceso a Fondo da Vila, en Folgoso do Courel

O Consello da Xunta de Galicia celebrado este luns, 10 de marzo, deu luz verde á autorización dun acordo de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Folgoso do Courel, para a execución das obras de humanización do acceso a Fondo da Vila.
Os traballos contan cun orzamento de 300.617, e o acordo será asinado proximamente.