O Concurso Fotográfico “Mulleres Rurais de Carballedo” xa ten imaxe gañadora

RibeiraSacraXa
O certame buscou poñer en valor o papel das mulleres rurais do municipio
Imaxe gañadora do Concurso Fotográfico Mulleres Rurais de Carballedo
Imaxe gañadora do Concurso Fotográfico Mulleres Rurais de Carballedo
12 Jan 2026

O Concello de Carballedo xa ten fotografía gañadora do seu primeiro Concurso Fotográfico “Mulleres Rurais de Carballedo”. A imaxe, onde aparecen dúas mulleres debullando o millo reflicte a tradición, o traballo compartido e a esencia da vida rural no municipio, foi a máis votada polo público durante os días da exposición presencial.

Desde o Concello agradecen a todas as persoas que participaron enviando as súas fotografías, e destacan que todas as imaxes recibidas resultaron especiais e contribuíron a poñer en valor o papel das mulleres rurais de Carballedo.

Este concurso forma parte das iniciativas municipais para destacar a importancia das mulleres no ámbito rural e dar visibilidade ao seu traballo e legado na comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.078289985656738