O Concurso de Tapas 2024 de Taboada terá lugar o último fin de semana de xaneiro

RibeiraSacraXa
A asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada presenta o Concurso de Tapas 2024 que se desenvolverá os vindeiros 26 e 27 de xaneiro no municipio de Taboada, os dous días en horario de 19.
tapa taboada
21 Xan 2024

A asociación de Comerciantes e Industriais do Municipio de Taboada presenta o Concurso de Tapas 2024 que se desenvolverá os vindeiros 26 e 27 de xaneiro no municipio de Taboada, os dous días en horario de 19.00 a 23.00 horas.

Así, os participantes neste concurso serán os establecementos Cafetería Scala, Restaurante Urdi, Bar O'Rian, Cafetería Santa Lucía, Bar Parrillada Mencía, Bar Cafetería Devezo e Café Bar Mario.

Destes, desde a asociación destacan o Restaurante Urdi, que presentará a tapa 'segredo de porco con puré e cebola caramelizada', composta por porco asado con puré de pataca e cenoria, gratinado con queixo raiado e decorado con cebola, orejones, dátiles e frutos secos caramelizados.

Así, invitan a todos os veciños e veciñas a participar como xurado popular co fin de entrar nun sorteo no que se pode gañar unha noite para dúas persoas nun spa/balneario, unha ruta a cabalo para unha persoa en Hípica Os Trancos, un cheque regalo por valor de 50 euros para descontar nunha comida en Os Pendellos, un décimo de lotería de Bar Cruceiro, unha cea para dúas persoas de carne á pedra en Cerveceria Chamouco (en Bóveda) e unha paella de marisco para dúas persoas acompañada dunha botella de Godello en Abadía San Simón.

Para isto, as persoas interesadas deberán solicitar un boleto de participante en calquera dos establecementos que forman parte do concurso, pedir a tapa en todos os establecementos que participan no concurso e que selen o boleto.

0.20941281318665