O concurso de postais de Nadal do Concello do Saviñao xa está en marcha
O concurso de postais de Nadal do Concello do Saviñao, dirixido á cativada, continúa aberto. Poderán participar os alumnos dos colexios do Concello de infantil, primaria e ESO ata o vindeiro 27 de novembro ás 12.00 horas
O tema será o Nadal, polo que os debuxos poderán conter, de forma libre, calquera aspecto alusivo á celebración: os adornos, as luces, as árbores, a familia, a decoración de elementos turísticos do Saviñao, as rúas...
Os interesados poden achegar a súa postal ao Concello ou aos colexios de Escairón e Currelos. Haberá cinco categorías: infantil para 4º, 5º e 6º de infantil; primaria A para 1º, 2º, e 3º de primaria; primaria B para 4º, 5º e 6 de primaria; ESO para 1º, 2º, 3º e 4º de ESO e unha categoría absoluta.
Como ten que ser a postal?
A postal gañadora absoluta será publicada no calendario de Nadal do Concello e cada participante só pode presentar un deseño de técnica libre, podendo utilizar pinturas, témperas, ceras, etc.
O tamaño das obras será en DIN-A4, sendo obrigatorio o formato horizontal. O material de soporte pode ser papel ou cartolina e as tarxetas deberán ser inéditas.
Para entregar as postais débese indicar nome e apelidos do neno ou nena, dirección, curso, centro escolar e data de nacemento. Os gañadores de cada categoría recibirán un vale de 50 euros e un diploma acreditativo.