O concurso de fotografía de Entroido da Pobra do Brollón xa ten gañadores

RibeiraSacraXa
O Concello deu a coñecer os gañadores na categoría infantil e de adultos. Todos os participantes recibirán un agasallo
miniatura gañador concurso entroido infantil pobra brollón 2021
22 Feb 2021

O Concello da Pobra do Brollón vén de dar a coñecer aos gañadores do concurso de fotografías de Entroido que organizou a través das redes sociais, co ánimo de manter vivo o espírito da celebración a pesares da actual situación sanitaria. As premiadas son as imaxes que obtiveron máis ‘gústame’ no facebook oficial do Concello.

Así, as gañadoras foron Lorena Quevedo, na categoría infantil, e Marisa Freire, na de adultos.

O Concello agradece a implicación de todos os participantes, aos que agasallará cun pequeno detalle que poden pasar a recoller xa na Biblioteca Municipal da localidade.

gañador concurso entroido pobra brollón 2021
0.15005207061768