O Concurso de Compadres de Monforte repartiu 2.000 euros en premios

O Concurso de Compadres de Monforte repartiu este xoves un total de 2.000 euros en premios, unha achega que superou por 100 euros á destinada no ano anterior. Os galardóns foron entregados polo alcalde de Monforte, José Tomé Roca, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón.
En total, o Concello de Monforte destinará este ano un total de 25.000 euros en premios durante o Entroido, o que supón 4.000 euros máis do destinado en 2024. “O obxectivo é animar á xente a que participe nestes concursos e contribúa ó éxito do noso Entroido” salientou o alcalde.
Tras a comunicación dos gañadores, levouse a cabo a queima do Compadre oficial, que como todos os anos foi elaborado pola asociación Albores.
Para o concurso do Xoves de Compadres, a Concellería de Cultura de Monforte levou a cabo tres convocatorias. Unha delas para os centros de ensino, outra para parroquias, barrios e rúas do Concello e por último, unha terceira de carácter individual, que concursou na Praza de España.
Premios do Concurso de Compadres de Monforte
Premio á crítica social
- ‘Roma’, da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Monforte (AFAMON): 150 euros
Barrios colectivo:
- Accésit: ‘Tradición zapateira en Monforte’, Asociación de Veciños Barrio de Cobas: 75 euros
- Accésit: ‘Roma’, da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Monforte (AFAMON): 75 euros
- ‘Ultimisima hora’, da Asociación Prodeme (120 euros)
- Primeiro premio: ‘Monforte non queda sen relevo xeracional’, Asociación Agora -centro ocupacional (150 euros)
Barrios individual
- Accésit: ‘Accesibilidade im-posible’, Asociación Agora Centro de Día (50 euros)
- Accésit: ‘Jardineros de Monforte’, Mª Matilda Corra, Peluquería Internacional (50 euros)
- Accésit: ‘Xurado Patrimonial’, Centro Viño Ribeira Sacra, UTE Novas Santiago (50 euros)
- Segundo premio: ‘Peregrino con Perrigrino’, Oficina de Atención ao Peregrino, UTE Novas Santiago (75 euros)
- Primeiro premio: ‘Labrego vai arrincar patacas á eira’, Matilda Somoza González (Guntín): 100 euros
Praza de España individual
- Segundo premio: ‘Huggy Wuggy llegó a Monforte ¡a jugar!’, Abril Blanco Rajo (75 euros)
- Primeiro premio: ‘Polo Camino de inverno veño, e en Monforte me deteño’, Adelina Deus González (100 euros)
Centros ensino colectivo (Máis de 3 compadres)
- Primeiro premio: ‘75 aniversario Castelao’, Colexio Ferroviario, 150 euros
Centros ensino individual
- Segundo premio: ‘Gaiteiro Gandariño’, CEIP Plurlingüe A Gándara (75 euros)
- Primeiro premio: ‘Modelo deseño infantil’, ANPA Colexio Escolapios (100 euros)