O Concerto de Nadal do Conservatorio Municipal de Monforte celebrarase esta tarde

RibeiraSacraXa
Esta tarde, ás 20.
21 Dec 2023

Esta tarde, ás 20.00 horas, celebrarase no Auditorio do Edificio Multiusos de Monforte o tradicional Concerto de Nadal do Conservatorio Municipal Mestre Ibánez do Concello de Monforte.

O recital correrá a cargo do alumnado e profesorado do Conservatorio Municipal nas súas diversas especialidades e está dirixido a todo o público en xeral, sendo a entrada gratuíta.

As actuacións realizaranse en grupos de conxunto de guitarra, saxofón, violín, clarinete e frauta, percusión, vento metal con trombón ou trompeta, así como coros e orquestra.

Desenvolvemento do concerto

No concerto interpretaranse sobre todo temas de temática navideña, así como obras de autores clásicos e modernos da man das diferentes agrupacións do Conservatorio.

Así, o coro elemental interpretará 'Nadal en Luintra' de Berrogüett, o conxunto de percusión interpretará 'Jingle bells de Arr. Javier Eguizábal e 'Feliz Navidad' de Igor Escalona, mentres o grupo de guitarras tocará 'Lady Madrid' de José María Conejo Torres e a orquestra elemental de violíns farao de 'Twinkle Twinkle Little Star' de Popular.

Por outra parte, o grupo de saxofóns interpretará 'Moon River' de Mancini e 'Santa Claus is Coming to Town' de J. Fred&Gillespie. Pola súa parte, a orquestra de violíns tocará 'Hallelujah' de Haëndel e o conxuntos de piano, 'Arabian Nights', da B.S.O. Aladín e 'Boogie for two' de Gerald Martin.

Despois, será a quenda do grupo de improvisación, con 'Spain' de Chik Corea e 'All I want Christmas is you' de Mariah Carey; mentres que o conxunto de clarinetes e frauta tocarán 'Rodolfo el Reno' de J. Marks, e o grupo de vento metal 'Last Christmas' de Wham.

Por último, o coro profesional cantará 'Carol of the Bells', o popular ucraniano e a Orquestra rematará a función con 'El Lago de los Cisnes 1º-2º' de Tchaikovsky, 'Frank Sinatra Hits Medle' de Arr. Naohiro Iwai e 'Especial Navidad', un popurrí popular.

0.13976407051086