O concerto de Luar na Lubre en Chantada ten nova data
RibeiraSacraXa
O grupo de música folk galega, Luar na Lubre, estará o vindeiro venres 3 de outubro na praza de Cantón de Chantada.
25 Sep 2021
O grupo de música folk galega, Luar na Lubre, estará o vindeiro venres 3 de outubro en Chantada. A cita, que inicialmente estaba posta para o día de hoxe, tivo que ser aprazada a causa da previsión meteorolóxica. Así pois, a cita levarase a cabo na praza do Cantón de Chantada ás 20 horas.
Este é un grupo de música galega nado no 2016 dentro da Asociación Cultural Triskell de Armentón (Arteixo), coa idea de formar un proxecto basado nos cuartetos de música tradicional.
Unha xornada de música e ambiente festivo no que se levarán a cabo as medidas sanitarias correspondentes.