O Concello renova o vestiario do Atlético Escairón
O Clube Atlético Escairón conta con vestiarios renovados. O Concello do Saviñao, a través das brigadas municipais, vén de levar a cabo o pintado integral do edificio e das portas, así como o acondicionamento das duchas.
O alcalde, Carlos Armesto, valora o traballo levado a cabo polos efectivos das brigadas, posto que contribúe, di, "a que o noso equipo teña unhas instalacións óptimas".
A actuación de renovación dos vestiarios enmárcase no "compromiso" do goberno local do Saviñao de "poñer en valor todos os edificios que dependen do Concello", explica Armesto. As dependencias que albergan os vestiarios son propiedade municipal e, ademais, están situadas no núcleo urbano.
"Dotar a Escairón de bos servizos é tamén poñer en valor o noso deporte e a ao noso clube que, sen lugar a dúbidas, é patrimonio do Saviñao”, conclúe o rexedor.
O Clube Atlético Escairón xoga na liga Preferente autonómica.