O Concello Monforte instala un dispositivo luminoso na parada de taxis da Avenida de Galicia para reducir o ruído nocturno

RibeiraSacraXa
Con esta medida, o goberno local busca mellorar a convivencia na zona ao tempo que mantén o servizo en condicións óptimas
luz-taxis
19 Nov 2025

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou a instalación dun novo dispositivo luminoso no teléfono da parada de taxis da Avenida de Galicia co obxectivo de minimizar o ruído das chamadas durante a noite e evitar as molestias que estas podían causar á veciñanza.

O Concello investiu 560 euros neste sistema, que conta cunha fotocélula encargada de reducir o volume do timbre a medida que escurece. Ao mesmo tempo, actívase unha luz vermella intermitente que avisa aos taxistas cando entra unha chamada. Cando chega a noite, o timbre externo queda desactivado e só soa o do propio teléfono, cun volume que pode regularse.

Con esta medida, o goberno local busca mellorar a convivencia na zona ao tempo que mantén o servizo en condicións óptimas para os profesionais do taxi e para as persoas usuarias.

⚙ Configurar cookies
0.068814039230347