O Concello Monforte avisa dun corte de tráfico que impedirá o acceso á rúa Ramón Otero Pedrayo

Dende o Concello de Monforte, queremos informar a todos os veciños dun corte de tráfico de vehículos no acceso á rúa Ramón Otero Pedrayo mañá mércores, día 30 de abril dende as 8.00 horas ata as 15.00 horas.
A actuación está motivada pola necesidade de intervención do servicio municipal de abastecemento e saneamento de auga, Aqualia, para proceder á reparación da chave existente na entrada da rúa Ramón Otero Pedrayo dende a rúa Conde.
A intervención ademais supón un corte de subministro a 4 vivendas situadas na rúa do inicio da rúa Otero Pedrayo na marxe esquerda, manténdose con normalidade no resto de vivendas da mencionada rúa.
Dende o Concello solicítase a colaboración dos cidadáns e a súa comprensión ante as molestias que estas alteracións do tráfico poidan ocasionar.