O Concello Manzaneda asume a titularidade do tramo urbano da estrada OU-0701 ao seu paso polo municipio

Este luns asinouse o cambio de titularidade do tramo urbano da estrada OU-0701 Cabalar (OU-636) – Vilariño de Conso, comprendido entre os puntos quilométricos 5+730 e 6+660, a favor do Concello de Manzaneda. O acordo foi rubricado polo presidente da Deputación de Ourense e polo alcalde do municipio.
O traspaso permitirá ao Concello xestionar directamente este tramo urbano, que discorre polo núcleo da vila, e solucionar problemas relacionados coa sinalización viaria. Segundo explican desde a administración local, o seguinte paso será contratar unha empresa que marque correctamente a sinalización, permitindo así o aparcamento en todo o tramo da vila, recuperando o uso que se viña facendo antes de que a actual pintura con liña continua xerase dificultades para estacionar.
O Concello prevé que, unha vez completada esta actuación, se mellore a mobilidade e a comodidade tanto de veciños como de visitantes en todo o tramo urbano.