O Concello fallou o Concurso de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido de Monforte

RibeiraSacraXa
Conoce los ganadores del concurso de comparsas y disfraces organizado por el Ayuntamiento de Monforte de Lemos.
concurso disfraces comparsas monforte
2 Mar 2022

O Concello fallou o Concurso de Comparsas e Disfraces do Martes de Entroido de Monforte.

A pesares da choiva, o Martes de Entroido foi todo un éxito de público e participantes, polo que dende o Concello agradecen a participación de todos, que foi exemplar.

Hoxe ás 8 da tarde, terá lugar a celebración do Enterro da Sardiña, que sairá como é costume dende a praza de España.

O premio á mellor comparsa de fora de 1 a 3 compoñentes foi para Ramón Díaz Magdaleno-Sistín do mato. O primeiro premio da categoría comparsas de fora de 4 a 24 compoñentes foi Irene López Salgueiro-Sanxenxo. Nesta categoría o premio ao mellor humor foi para a comparsa Barrio Carude. Xograres de Lemos levou dous galardóns premio á posta en escena e música en vivo. As carrozas recibiron tren accésit, un para Berta López Díaz, outro para Anpa A Gándara e outro para Familia Pérez Varela – Piñeira. O terceiro premio foi para o Colexio Ferroviario, o segundo premio para a Asociación Prodeme e o primeiro para Cobas.

O primeiro premio para a categoría infantil foi para Maria José Piñeiro Rodríguez, mentres que os premios individuais da categoría adulto outorgaron dous accésit un para Maria José Piñeiro Rodríguez e outro para Andres Rodríguez Corral. O terceiro premio foi para Elisabet López, o segundo para Maria del Pilar Castillo González e o primeiro para María Rocío Rodríguez Gonda.

A Familia Pérez Varela-Piñeira tamén levou o terceiro premio das comparsas entre 4 e 24 compoñentes, igual que a comparsa de Ibán Díz Prieto/C.E Ferreiro. O segundo premio foi para Lola Villasol Corzo mentres que o primeiro levouno a comparsa Cobas.

O Terceiro premio das comparsas entre 25 e 50 compoñentes foi para Barrio Carude. Nesta categoría outorgáronse dous segundos premios un para Anpa A Gándara e outro a Cristina Lobo Prieto. O primeiro premio levouno a comparsa de Berta López Díaz.

Da categoría comparsas entre 51 e 90 compoñentes o primeiro premio foi para Xograres de Lemos, o segundo para Colexio Ferroviario e o terceiro para a Asociación Prodeme.

Por último, os gañadores das comparsas de máis de 90 compoñentes foron a comparsa Anpa A Lagoa Colexio Novo co primeiro posto e Fundación Educativa Torre de Lemos e Club Quicela Ximnasia Rítmica con dous segundos.

0.1906270980835