O Concello e as Xuventudes Musicais de Sober organizan un concerto

RibeiraSacraXa
A actuación forma parte do ciclo ‘Música no Outono’ e será ás 19:00 horas no Centro Sociocultural de Sober.
musica outono sober
17 Nov 2021

O ciclo 'Música no Outono' continúa este sábado ás 19.00 horas no Centro Sociocultural de Sober cun concerto de piano organizado polo Concello e as Xuventudes Musicais de Sober. A entrada será libre.

A soprano Mireia Tarragó e a pianista Carmen Santamaría presentarán o sábado o seu espectáculo ‘A voz do silencio’.

O concerto
Ao longo da historia, a muller foi en diversas ocasións subestimada en prol da figura masculina, a mercé da vontade do pai ou baixo a sombra do marido ou irmán. Para romper con este estigma, as dúas músicas pretenden dar igualdade a unhas e outras, con cancións compostas por mulleres tomando poemas de homes, homes que compuxeron tomando poemas de mulleres, e homes inspirados en personaxes femininos de diferente índole. A súa insignia é a difusión e equiparación da presenza feminina no panorama artístico actual. Engaden unha particularidade máis a esta proposta. Unha compositora e un compositor que sufriron a persecución e o horror nazi. Aos dous arrebatóuselles a vida e a voz... Viktor Ullmann e Ilse Weber, dous prisioneiros no campo de concentración de Theresianstadt, ambos asasinados en Auschwitz. Con este concerto queren volver dar voz a artistas que, por un ou outro motiva, foron silenciadas.

As músicas
Comezan a súa traxectoria como dúo en 2016, sendo ambas as alumnas da ESMUC co profesor Francisco Poyato. Actúan en Artte, MNAC e Goethe Insitut. En 2019 retoman a súa actividade como dúo actuando en Castro Urdiales e Santander dentro do proxecto ao redor da figura do compositor cántabro Arturo Dúo Vital da artista visual Inés García "Seis cancións populares montañesas".

A partir deste proxecto nace o seu primeiro disco da integral das obras do compositor "Arturo Dúo Vital, unha voz en branco e negro" estreando en xaneiro de 2021. En decembro de 2019 foron seleccionadas para participar no concurso internacional de París "Nadia et Lili Boulanger". Tamén participaron xuntas no concurso O Primeiro Palau de Barcelona, no cal foron galardoadas.

Programa
Pauline Viardot: Twelve songs after poems by Pushkin, Fet and Turgenev (selección)

Robert Schumann: Sieben Lieder nac Elizabeth Kulmann, op. 104 (selección)

Clara Schumann: Sechs Lieder, op. 13 (selección)

Alma Mahler: Fünf Lieder (selección)

Francis Poulenc: Métamorphoses, Louise de Vilmorin

Matilde Salvador: Voces doutro beira (selección)

Viktor Ullman: Drei jiddische Lieder ( Breulinka) (selección)

Ilse Weber: Wiegala; Und der Regen rinnt

Kurt Weill: Nanna' s Lied

06a1804f 83f0 427c 95f9 b9f3ffe68c75
0.18676114082336