O Concello do Saviñao xa está a preparar a cuarta edición da Festa da Vendima

O Concello do Saviñao comezou a traballar na organización da cuarta edición da Festa da Vendima, así o confirmaron desde o goberno municipal a través dun comunicado nas súas redes sociais. Nos próximos días irase desvelando o programa de actividades e as datas oficiais.
O ano pasado, a festa celebrouse os días 31 de agosto e 1 de setembro, reunindo a artistas como Rosa Cedrón, Mercedes Peón, a Banda de Balbina, o Grupo Searas e a Charanga Europa. Ademais, contou cunha ampla variedade de actividades, incluíndo obradoiros de xogos populares, artesanía, viño e gastronomía.