O Concello do Saviñao pon en marcha de novo a Aula de Verán

RibeiraSacraXa
Será do 1 de xullo ao 31 de agosto e o prazo de inscrición abre este luns, 3 de xuño
cartel-aula-veran-savinao
Cartel
2 Xuño 2024

Un ano máis o Concello do Saviñao abre o prazo de inscrición do servizo de conciliación, a Aula de Verán 2024, para nenos e nenas de 3 a 12 anos.

Esta terá lugar do 3 ao 18 de xuño nas oficinas xerais e haberá 150 prazas para os meses de xullo e agosto con grupos en Escairón e Currelos.

As aulas serán do 1 de xullo ao 31 de agosto en horario de mañá (9.00 a 14.00 horas) de luns a venres, agás festivos.

Terán prioridade os nenos e nenas empadroados e ten un custe de 20 euros ao mes por nenos e de 16 euros para o segundo fillo e seguintes.

0.12364912033081