O Concello do Saviñao organiza unha campaña de vacinación e desparasitación de cans
O Concello do Saviñao organiza unha campaña voluntaria de vacinación e desparasitación de cans. Tamén se poderá acudir para a emisión de cartilla-pasaporte xunto con implantación de microchips para aqueles animais que aínda non dispoñan do mesmo.
A campaña realizarase por casa segundo o calendario.
Este tipo de campañas serven para regularizar aos animais do fogar e mantelos na máxima seguridade posible ofrecendo un bo estado de saúde e maior confort.
A vacinación e desparasitación axuda a evitar que o animal sofra diferentes enfermidades e que poida contaxiar a outros animais ou incluso ao seu dono.
Calendario
Os veterinarios pasarán en diferentes días polas parroquias casa por casa. Comezarán o mércores 15 de decembro pola parroquia de Ousende, o luns 20 de decembro estarán por Abuime, Licín, Seteventos e Vilasante. O mércores 22 de decembro serán Fión, Acova e Rosende as parroquias que gozarán deste servizo. O xoves 23 de decembro ofreceráse nas parroquias de Chave, Vilacaíz, Reiriz e Sobreda. O luns 27 de decembro pasarán por Segán, San Vitorio e Rebordaos. O día seguinte, o 28 de decembro os veterinarios acudirán as casas de Vilaesteva, Eirexafeita e Broza. O mércores 29 de decembro por S.Estebo, Freán, Laxe e Louredo. O último día, o xoves 30 de decembro cerrarase a campaña en Vilelos, Xuvencos, Piñeiro e Vilatán.