O Concello de Taboada xa conta con ambiente de Nadal

RibeiraSacraXa
El ayuntamiento de Taboada ya cuenta con luces y elementos decorativos relativos a la Navidad que fomentan la celebración de estas fechas.
nadal taboada
7 Dec 2021

O Concello de Taboada xa conta con ambiente de Nadal.

As luces adornan as rúas da vila mentres que, baixo a carpa, hai diversos elementos que serven para facer fotografías e pasar un bo rato con amigos e familia inmortalizando os momentos que nun futuro se recordarán con gran agarimo.

O entorno e ambiente de Nadal motiva a celebración nestas datas cheas de ilusión e felicidade.

Moitos veciños aproveitarán para retornar a Taboada a recuperar o tempo tras as festas do ano pasado marcadas por unhas restricións que impedían as grandes ceas de Nadal.

Neste ano, malia que tamén hai restricións, estan son máis flexibles e permitirán a xuntanza dos familiares, amigos e veciños.

0.13190317153931