O Concello de Taboada organiza o curso gratuíto 'Os nosos maiores, mellor acompañados'
O Concello de Taboada, en colaboración coa Fundación Amigos de Galicia, organiza o curso gratuíto 'Os nosos maiores, mellor acompañados'.
Esta acción formativa irá encamiñada ao ensino de novas tecnoloxías á nosa veciñanza, facendo especial fincapé nas máquinas de quendas de Concellos e centros de saúde ou hospitais, nos caixeiros automáticos, no teléfono móbil, e na aplicación móbil do SERGAS.
Este curso terá lugar os luns días 2, 9, 16 e 23 de setembro en horario de 10 a 12.30 horas na Casa da Cultura de Taboada. As inscricións, pola súa parte, serán no departamento de Servizos Sociais, ou nos teléfonos 982 465 301 ou 609 674 174 (Sandra) ata o mércores día 28 de agosto.
"Desde a Alcaldía e a concellería de Servizos Sociais parécenos fundamental poder dotar de coñecementos deste tipo aos nosos veciños e veciñas", sosteñen desde o Concello.