O Concello de Taboada ofrece servizo de madrugadores
RibeiraSacraXa
O Concello de Taboada está a estudar a viabilidade de prestar Servizo de madrugadores para os estudantes do CPI San Tomé do Carballo.
4 Oct 2021
O Concello de Taboada está a estudar a viabilidade de prestar servizo de madrugadores a todos aqueles alumnos e alumnas que o precisen e que se atopen no colexio CPI San Tomé do Carballo.
Esta iniciativa nace como medida de apoio á conciliación da vida laboral e persoal das familias da vila de Taboada.
O horario deste servizo sería de 7.30 a 9.15 horas e levaranse a cabo todas as medidas sanitarias correspondentes. Para máis información ou para calquera dúbida pódese contactar cos servizos municipais no número de teléfono 982 465 301.