O Concello de Taboada avanza na planificación municipal de 2026 co foco posto na mellora de servizos e infraestruturas

RibeiraSacraXa
As actuacións previstas abranguen intervencións en diversas zonas do termo municipal, así como a contratación de persoal para reforzar a brigada de obras e servizos
Casa-do-Concello-de-Taboada
19 Feb 2026

O Concello de Taboada aprobou na sesión plenaria celebrada a pasada semana as bases de actuación para o presente exercicio económico, na que se adoptaron decisións clave para a planificación municipal de 2026. Entre elas inclúense os proxectos que o Concello executará con cargo ao Plan Deputación 2026, orientados á mellora de servizos e infraestruturas en distintos puntos do municipio.

As actuacións previstas abranguen intervencións en diversas zonas do termo municipal, así como a contratación de persoal para reforzar a brigada de obras e servizos, co obxectivo de atender as necesidades de mantemento e execución de traballos municipais.

O alcalde, Roi Rigueira, subliña que a procura de financiamento e o esforzo investidor están a ser “moi importantes”, algo que, asegura, se reflicte tanto no número de obras xa executadas como no volume de actuacións pendentes. Neste sentido, avanza que os traballos previstos iranse acometendo progresivamente, en función da dispoñibilidade de recursos e das condicións meteorolóxicas.

⚙ Configurar cookies
0.078518152236938