O Concello de Sober organiza actividades deportivas para os meses de outubro, novembro e decembro

RibeiraSacraXa
Desenvolveranse no ximnasio municipal de Sober e ximnasia de mantemento, ademais, terá lugar nas parroquias de Anllo e Rosende
ximnasio-municipal-de-Sober
15 Out 2024

O Concello de Sober organiza unha serie de actividades deportivas para os meses de outubro, novembro e decembro, ás que as persoas interesadas xa se poden apuntar no ximnasio municipal ou no centro sociocultural.

Desta maneira, haberá ximnasia de mantemento no ximnasio municipal de Sober os martes e mércores de 11.00 a 12.00 horas, de 18.00 a 19.00 horas e os xoves de 11.00 a 12.00 horas. Mentres, tamén haberá ximnasia de mantemento os martes en Anllo, de 16.30 a 17.30 horas; e os mércores en Rosende, de 16.30 a 17.30 horas.

No ximnasio municipal de Sober impartiranse tamén clases de tonificación os martes e mércores de 19.00 a 20.00 horas; e de aerobic, que serán os martes e mércores, de 20.00 a 21.00 horas.

0.19102692604065