O Concello de Sober inicia o próximo venres a Campaña de Vacinación Canina

RibeiraSacraXa
O alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, publicou un bando municipal para anunciar o inicio da Campaña de Vacinación Canina
cans canceira vilalba
12 Maio 2022

O alcalde do Concello de Sober, Luis Fernández Guitián, fixo público mediante a publicación dun bando municipal o inicio da Campaña de Vacinación Canina 2022.

O rexidor municipal recorda no escrito que dende o ano 2002 é obrigatorio por ley e sen excepción ter aos cans identificados con microchip. Do mesmo modo que dende o ano 2008 está en vigor o pasaporte ou cartilla de vacinación dos cans en Galicia. Un pasaporte que está vinculado aos cans identificados legalmente co seu microchip.

Tendo en conta que a concentración de cans está prohibida, a vacinación farase casa por casa. Os interesados deber poñerse en contacto con Xosé Tomé, o veterinario do recorrido, no teléfono 689 103 594 o día que se efectúe a vacinación na súa parroquia.

As vacinacións faranse sempre polas mañás e a campaña comezará o próximo 20 de maio segundo o seguinte calendario:

  • Venres 20 de maio: Canaval, Vilaescura, Rosende e Millán.
  • Luns 23 de maio: Refoxos, Sober, Proendos e Liñarán.
  • Martes 24 de maio: Anllo S.E. e Anllo S.M.
  • Xoves 26 de maio: Santiorxo e Pinol Lobios
  • Venres 27 de maio: Figueroá, Bolmente e Barantes
  • Lunes 30 de maio: Gundivós
  • Xoves 2 de xuño: Amandi e Doade
  • Venres 3 de xuño: Neiras
  • Luns 6 de xuño: Bulso e Santa Cruz

Os presos da vacinas serán de 15 euros pola da rabia e 33 euros pola implantación de microchip máis a cartilla. Para outras vacinas ou trámites hai que consultar con veterinario.

0.09232497215271